Este programa ten como obxectivo promover o acceso a diversas actividades lúdicas e educativas.

Promoven valores sociais como o respecto á diferenza, a tolerancia e a cultura de paz. A atención ao fracaso educativo e ao absentismo escolar, en colaboración co resto de axentes sociais (familia, escola, administración) é unha das accións emblemáticas deste programa. As actividades realizadas con nenos e mozos son, entre outras: campamentos e colonias, centros de día e centros abertos, apoio escolar, actividades artístico-creativas, seguimento familiar, festas, festivais, obradoiros creativos, ludotecas e clubs, actividades deportivas, etc.

Os beneficiariosson mozos de entre 6 e 13 anos, a maioría deles en risco de exclusión social e realízase grazas ao traballo de voluntarios axudados por persoas contratadas.