En primeiro lugar, porque defendemos unvoluntario preparado, profesionalizado e vangardista para afrontar con éxito os obxectivos educativos e sociais que propoñemos en todos os nosos programas. En segundo lugar, porque a formación é outro elemento educativo para os mozos que traballan coa Confederación Don Bosco, así como un elemento de cohesión, crecemento e desenvolvemento para a propia entidade.
As actividades que levamos a cabo son, entre outras:
- Cursos.
- Viaxes.
- Seminarios.
- Escolas de formación.
- Conferencias.
- Plataforma de formación en liña.
Os beneficiarios son os voluntarios das nosas entidades con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos e realízase grazas ao traballo dos voluntarios axudados por persoas contratadas.
As liñas transversais da Confederación Don Bosco