Para dar resposta a todas as necesidades e realidades existentes en toda a nosa rede de entidades, foi necesario creación dun espazo de revisión permanente e periódico adaptado a eles en función de diferentes áreas: calidade, igualdade, RGPD e medio ambiente. Implicando tanto os servizos técnicos como as súas estruturas de goberno.

Entendemos o fortalecemento institucional como creación dun conxunto de escenarios de diálogo e traballo en rede nos que identificamos as nosas necesidades e lagoas para desenvolver as medidas e plans organizativos pertinentes co fin de implementalos dentro das nosas propias estruturas e entidades membros, con coherencia e estándares compartidos.

En definitiva, trátase de identificar oportunidades de mellora e implementar cambios de forma coordinada e consistente. A través de grupos de traballo, formación, asesoramento e soporte técnico para axudar ás nosas federacións membros nos procesos de implementación e difusión.

A nosa entidade mantén unha filosofía activa de empowerment, acción e participación, enfocada ás persoas, que busca o máximo despregue de talento individual, aproveitando o impulso das relacións e a transformación do conxunto.