O Movemento Xuvenil Salesiano é a comuñón de varios grupos que coinciden e se xuntan nunha mesma proposta educativa e evanxelizadora, inspirada no espírito e estilo de Don Bosco e Nai Mazzarello. Que se desenvolve a través do Itinerario de educación na fe, unha proposta educativa que unifica criterios de contido en todas as áreas.

Fomenta e promove a comunicación para compartir experiencias a todos os niveis (local, provincial, nacional, continental e mundial) sobre todas as facetas do noso movemento.

Os grupos, movementos e asociacións do movemento xuvenil salesiano fan referencia explícita nas súas liñas básicas, estatutos, proxectos educativos, etc., non só aos valores da espiritualidade xuvenil salesiana, senón tamén ao propio movemento e amosan interese por compartir estes valores con outros grupos.

As características desta espiritualidade desenvólvense gradualmente e progresivamente no proceso educativo concreto.

Materiais en escena

9 -12 ANOS
Infancia
12- 14 ANOS
Preadolescencia
14 -16 ANOS
Adolescencia
16-19 ANOS
Xuventude

Materiais por materias