O noso proxecto de investigación O uso de redes sociais e Internet en menores durante o tempo libre, é un estudo sociolóxico deseñado con fins pedagóxicos e preventivos.

A nosa motivación nace da necesidade de realizar investigacións que se centren na percepción e experiencia dos propios menores, en termos de uso e riscos extremos coas novas tecnoloxías e internet.

EstudoInfografía

O noso propósito con este proxecto é coñecer, analizar e afondar en temas de interese social como a fenda dixital, a violencia dixitale os sistemas de referencia en liña para menores.

Grazas á metodoloxía práctica, lúdica e participativa, permítenos promover accións preventivas á vez que se recollen datos significativos para avanzar na comprensión desta realidade, dun xeito estruturado e sistemático.

Coas súas accións conseguimos lanzar unha serie de mensaxes a favor da información e sensibilización necesarias sobre a prevención da discriminación e da violencia.

E tamén ofrecemos orientación mediante visibilidade e apoio nas estratexias de acción para líderes educativos e vítimas potenciais.