O obxectivo dos foros de participación é promover a transformación social a partir de propostas concretas que veñen da mocidade, fomentando a súa capacidade para decidir sobre o seu propio desenvolvemento e proporcionando reflexións no seu contorno máis próximo.

Deste xeito, en función das necesidades detectadas a través da investigación social, selecciónanse temas de interese na mocidade, para xerar espazos de reflexión a través dos cales os mozos son os que comparten experiencias con membros doutras entidades.

Destacamos aimportancia da representación xuvenil, optando por desenvolver foros a diferentes niveis: local, federativo e estatal. De xeito que os participantes a nivel estatal sexan representantes das distintas entidades.

Non só se abordan temas relevantes para o desenvolvemento positivo da mocidade, senón que se fomenta a participación e a importancia da representación, desenvolvendo capacidades e habilidades persoais ao longo do proceso.

VII Foro de participación

#ParticipaciónDB2021