Na Confederación Don Bosco traballamos para ofrecer experiencias de voluntariado en centros xuvenís salesianos doutros países europeos, acollida de voluntarios, seminarios e reunións de formación e campamentos internacionais coa colaboración da rede Don Bosco Youth-Net, unha organización que reúne organizacións xuvenís de diferentes países do mundo. Tamén participamos en diferentes actividades do programa de mobilidade europeo Erasmus +. Ademais de participar en actividades doutras organizacións e entidades europeas.
Para a confederación esta área é unha aposta importante, xa que é un xeito moi sinxelo de ofrecer actividades no ámbito internacional.
Tamén temos un Grupo Operativo Internacional no que participan diferentes mozos dos nosos centros xuvenís.