Este programa busca a socialización e o desenvolvemento integralda mocidade a través da participación en diferentes actividades.
  • Campamentos
  • Actividades de vida nocturna
  • Obradoiros
  • Encontros xuvenís
  • Teatro
  • Danza
  • Música, festas e festivais
  • Campos de traballo

Hai moitas posibilidades de integración que ofrecemos á mocidade dos centros xuvenís. Este programa mellora o seu papel protagonista, xa que fomenta a participación directa no desenvolvemento e xestión de actividades, establecendo así unha verdadeira cultura asociativa.

Os beneficiarios son mozos de entre 12 e 18 anos, dos cales unha gran parte está en risco de exclusión social e realízase grazas ao traballo de voluntarios axudados por persoas contratadas.