A formación das persoas que interveñen e coordinan programas e accións é unha prioridade.

En primeiro lugar, porque defendemos unvoluntario preparado, profesionalizado e vangardista para afrontar con éxito os obxectivos educativos e sociais que propoñemos en todos os nosos programas. En segundo lugar, porque a formación é outro elemento educativo para os mozos que traballan coa Confederación Don Bosco, así como un elemento de cohesión, crecemento e desenvolvemento para a propia entidade.

As actividades que levamos a cabo son, entre outras:

  • Cursos.
  • Viaxes.
  • Seminarios.
  • Escolas de formación.
  • Conferencias.
  • Plataforma de formación en liña.

Os beneficiarios son os voluntarios das nosas entidades con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos e realízase grazas ao traballo dos voluntarios axudados por persoas contratadas.